martes, abril 23, 2024
InicioComarcasLouriñaSalceda entrega os premios do seu concurso de pinchos e tapas

Salceda entrega os premios do seu concurso de pinchos e tapas

Trátase da primeira edición deste certame celebrado entre o 19 e o 28 de novembro.

O Concello de Salceda de Caselas entregou os premios do 1º Concurso “Consalceda Pinchos e Tapas”, tralo éxito obtido nesta primeira edición celebrada entre o 19 e o 28 de novembro. Os establecementos gañadores recibiron os galardóns de mans da alcaldesa Verónica Tourón e da presidenta da  Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda, Elisa Rodríguez Vaqueiro, nun acto celebrado na Casa da Cultura de Salceda.
Os establecementos premiados traLa votación popular realizada ao longo do concurso foron, na categoría de tapa: o 1º premio para La Marujita, coa tapa Arepa Galega e o 2º premio para O Recuncho, coa tapa Recuntaquiños; e na categoría de pincho: 1º premio Cafetería Altamira, co pincho Terra e Mar e o 2º A Tabertenda, co pincho Ecomexillón.
No mesmo acto realizouse o sorteo de tres vales entre as persoas que degustaron as tapas e os pinchos: un de 100 euros aportado polos locais participantes para consumo nos seus establecementos, outro de 300 euros aportado polo Concello de Salceda para o consumo en todo o comercio local, e outro de 500 euros aportado por ACISA para consumir nos establecementos asociados.
Tamén se fixo entrega dos agasallos directos ás persoas que completaron a ruta selando en todos os establecementos participantes.
Con esta iniciativa a alcaldesa e concelleira de Comercio quixo poñer de relevo a marca #ConSalceda, coa finalidade “de convertela nunha referencia e seguir dinamizando e dando visibilidade ó comercio e a hostalería local, axudando así a un dos sectores máis afectados pola pandemia, e que sufriu restricións que non lles permitiron desenvolver a súa actividade de xeito normal, con limitacións en horarios e aforos, ademais de peches”. Así como acentuou “a colaboración e aportación da asociación de comerciantes e dos establecementos que participaron”.
“Continuaremos a por en marcha iniciativas que activen e dinamicen a economía de Salceda. Investir no noso comercio e hostalería é investir en toda a veciñanza”, concluíu Verónica Tourón.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES