miércoles, mayo 15, 2024
InicioNewsO PaísGalicia supera os 14.000 casos e os 1.200 contaxios diarios

Galicia supera os 14.000 casos e os 1.200 contaxios diarios

Son un total de 14.346 as persoas que teñen actualmente coronavirus en Galicia. Na última xornada bateuse un novo récord de contaxios diarios, ao diagnosticarse 1.240. Soben todas as áreas sanitarias coa de Vigo á cabeza, con máis de 4.500 casos.

Galicia rexistra un novo máximo nesta sexta vaga da pandemia da COVID-19 con máis dun milleiro de novos casos, 1.240 nun día. 

Por áreas sanitarias, Vigo está á cabeza con máis de 4.500 casos, pero Ourense, Pontevedra e A Coruña están xa por riba dos 2.000 casos:

A Coruña: 2.098 (+112)

Vigo: 4.561 (+83)

Ourense: 2.797 (+42)

Santiago: 1.248 (+125)

Lugo: 891 (+25)

Pontevedra: 2.215 (+110)

Ferrol: 536 (+14)

Nos hospitais, a ocupación mantense estable. Aumentan as persoas ingresadas en planta (+3), pero descenden as que se atopan en coidados intensivos (-2), deixando 230 e 47 hospitalizacións respectivamente.

O Sergas notificou 4 decesos máis por mor da covid-19 nas últimas 24 horas, que alzan a cifra a 2.714 falecementos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES