sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsA RaiaPortugal e España relanzarán as dúas conexións de AVE: Madrid-Lisboa e Vigo-Porto

Portugal e España relanzarán as dúas conexións de AVE: Madrid-Lisboa e Vigo-Porto

De anomalía calificou o ministro de Asuntos Exteriores español, José Manuel Albares, que dúas capitais europeas como Madrid e Lisboa non estean conectadas por alta velocidade, unha conexión que ambos gobernos, luso e español, priorizarán á vez que a conexión polo norte de ambos países: Vigo-Porto, asegurou Albares na súa comparecencia ante os medios con motivo da visita do seu homólogo portugués, Paulo Rangel, no Palacio de Viana, en Madrid.

Relanzamento da liña do AVE entre Lisboa e Madrid, entre as prioridades de ambos países, logo de que quedara paralizada tras a crise económica de 2008.

«Temos que liquidar esa anomalía de que dúas capitais europeas non teñan conexión pola alta velocidade e, canto antes se poida liquidar, mellor para os nosos cidadáns», dixo Albares.

En engadido, o ministro español dixo que é «exactamente igual» de prioritaria a conexión Lisboa-Madrid como a de Vigo, para o que se necesita que Portugal conecte previamente a súa capital co Porto, un proxecto que está na súa fase inicial.

Rangel asegurou tamén que o seu goberno da «o mesmo grao de prioridade» ás dúas conexións e que vai «traballar en ambas ao mesmo tempo para recuperar o tempo perdido». Este asunto será un dos eixes centrais do cumio bilateral que se celebrará o 23 de outubro en Portugal.

O ministro de Asuntos Exteriores español, José Manuel Albares:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS