sábado, mayo 4, 2024
InicioNewsO PaísGalicia propón esixir passcovid á cativada tras a primeira dose

Galicia propón esixir passcovid á cativada tras a primeira dose

Unha vez que se lle facilite a inoculación da primeira dose da vacina contra a COVID-19 as nenas e nenos de 5 a 11 anos, a Xunta propón que sexa obrigatorio que presenten o certificado de vacinación (passcovid) nas mesmas circunstancias que os adultos.

 De momento só é unha proposta pero estas propostas que trascenden no marco da pandemia acaban sendo realidade.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou que Galicia propón incorporar o certificado covid para os nenos de 11 a 5 anos cando fosen convocados á primeira dose e a porcentaxe de inmunización deste grupo xa sexa elevado.

A principal diferenza estaría en que a primeira dose xa serve como certificado, xa que para este grupo de idade a segunda se inoculará ás oito semanas e non aos 21 días como para os adultos e adolescentes.

Polo de agora non se pecharon os detalles de como se implantará. Comesaña fixo estas declaracións tras asistir ao acto do segundo aniversario da posta en marcha das ambulancias de soporte vital avanzado de enfermería, en Santiago.

Alí valorou que a adherencia da vacinación deste grupo de idade, que arrincou o mércores, segue estando en niveis similares ao primeiro día, que foi do 87,8 %, o 8,63 % da poboación diana.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES