jueves, mayo 2, 2024
InicioComarcasO CondadoChegan os xigantes e os cabezudos a Ponteareas

Chegan os xigantes e os cabezudos a Ponteareas

Este mércores ás 17:00 horas haberá música e pasarrúas de xigantes e cabezudos para «encher de diversión Ponteareas».

Xigantes e cabezudos desfilarán polo centro urbano de Ponteareas, ás 17:00 horas, para coñecer aos nennos e as nenas da vila, «bailar con eles e desfrutar do día xuntos», segundo explica o concello. Amáis, «non estarán sós, xa que o grupo folclórico de Fozara porá ritmo ao seu paseo e acompañarán a estas figuras ata que se despidan da veciñanza».

Para o Concello «sacar a cultura a rúa é unha prioridade dentro da súa  programación» e o que pretenden é «dinamizar o día a día da nosa vila e encher de diversión as nosas rúas”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, que anima aos veciños e as veciñas “a acompañar o desfile con alegría e ganas de divertirse”.

Mañá non será a única oportunidade de desfrutar dos xigantes e cabezudos pois sairán de novo o vindeiro mércores 29, que é festivo loval, ás 11:30 horas e será a antesala do lanzamento de globos de San Miguel.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES