jueves, mayo 2, 2024
InicioComarcasLouriñaA Xunta apoia a FP básica no IES de Mos

A Xunta apoia a FP básica no IES de Mos

Así o anunciou a alcaldesa, Nidia Arévalo, trala reunión que mantivo en Santiago co Secretario Xeral de Educación e Formación Profesional José Luís Mira Lema

Nesta xuntanza, na que se trataron varios temas de importancia relacionados coa oferta formativa do IES de Mos, a rexedora estivo acompañada pola concelleira de Educación e Emprego, Julia Loureiro, e o director do Instituto de Ensino Secundario de Mos, Xurxo Collazo.
Na reunión asumiron esta cuestión como unha prioridade para o alumnado de Mos.
O procedemento para que o alumnado interesado curse un ciclo de FPB comeza pola proposta do equipo docente ás familias, que deberán dar o seu consentimento.
Actualmente, para poder estudar Formación Profesional, o alumnado de Mos vese na necesidade de se desprazar a outro municipio.
Ademais, como opción de futuro, valorouse a posibilidade de implantar nun futuro ciclos de FP Dual en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos (Aemos). A formación profesional dual combina a formación teórica coa práctica profesional na empresa desde o primeiro momento, polo que é una opción na que se promove activamente a empregabilidade. A formación práctica do alumnado podería desenvolverse nos viveiros de empresas e nas instalacións da axencia de Colocación de Mos e complementar a súas prácticas nas empresas do municipio.
O Concello leva meses traballando nesta idea e quixeron aproveitar esta ocasión para agradecer a implicación do equipo directivo do IES de Mos, buscando as mellores opcións de futuro para os estudantes do municipio.
Na actualidade existe xa unha mesa de traballo formada pola ANPA, polo Concello, por Aemos e polo equipo directivo e educativo do propio instituto. O seu principal obxectivo é impartir a formación que precisan as empresas do concello e, deste modo, facilitar a inserción laboral da mocidade mosense

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES