martes, mayo 7, 2024
InicioComarcasLouriñaRomán González, voceiro de Gañamos, pásase ao grupo de non adscritos

Román González, voceiro de Gañamos, pásase ao grupo de non adscritos

O concelleiro da corporación municipal de Mos, que nas pasadas eleccións presentouse como cabeza de lista do grupo local GañaMos, ven de tomar a decisión de abandonar este grupo municipal

 

González gradece ao grupo GañaMos a oportunidade que lle brindou para dar o paso a primeira liña política, e declarou que «a través de GañaMos presentóuseme a ocasión de dar o paso a primeira liña política, e por iso lle estarei sempre agradecido pola oportunidade.

«É unha das decisións máis importantes, difíciles e dolorosas que tiven que tomar nos últimos anos, baseada na incompatibilidade coa forma que teño, e quero facer política dentro da corporación»

Pero o desgaste persoal ao que estiven sometido estes últimos meses, polo mero feito de ofrecer unha maneira diferente de facer política, por ofrecer alternativas diferentes de traballo, e querer ofrecerlle a veciñanza alternativas reais para mellorar o ben común, fan inviable esta convivencia, polo que estou convencido que o mellor para todas e para todos, é que eu dea este paso».

Candidatura Podemos

Facendo referencia a unha posible candidatura de Podemos nas vindeiras eleccións municipais, González afirmou que «non sei o que pasará dentro de dous anos, pero o meu traballo é ofrecer ao conxunto da veciñanza das dez parroquias de Mos, un proxecto de concello sólido e real, unha alternativa de futuro perante a neglixente xestión do PP, e creo que xa todo o mundo sabe que como voceiro local de Podemos, e tamén como voceiro provincial do meu partido, o traballo que vou desempeñar en prol de todo ese conxunto veciñal das dez parroquias, estará respaldado pola estrutura sólida, e en crecemento, dun partido que está máis que demostrado que traballamos día tras día para mellorar a calidade de vida das persoas. Falan os feitos»

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES