jueves, mayo 2, 2024
InicioComarcasLouriñaO pleno de Mos a proba por unanimidade o Plan de apoio...

O pleno de Mos a proba por unanimidade o Plan de apoio á hostalería

O Plan, dotado de 100.000 euros de fondos propios, inclúe una liña de axudas para compensar aos hostaleiros que quedaron fóra do Plan de Rescate da Xunta e outra de subvencións directas aos 75 negocios do sector existentes en Mos

Aprobada por unanimidade, cos votos a favor de todos os membros da Corporación Municipal, a moción presentada con carácter de urxencia a proposta da Alcaldía do Concello de Mos, para aprobar o Plan Municipal de Apoio á Hostalería.
A aprobación unánime deste Plan produciuse no Pleno do mes de maio, sesión ordinaria, celebrado esta mañá telemáticamente por videoconferencia, dada a situación de nivel máximo de incidencia por COVID-19 na que se atopa o municipio.
A primeira das liñas, destinada a completar o plan autonómico para que chegue ao 100% dos hostaleiros mosenses, está dotada de 25.000 euros.
A segunda liña contempla axudas directas de 1.000 euros aos 75 hostaleiros de Mos, sumando 75.000 euros.
Entre ambas liñas o Plan Municipal repartirá un total de 100.000 euros que pretenden “facer unha contribución a supervivencia destes negocios que tan mal o están a pasar desde o comezo da pandemia e que agora, con este novo peche a nivel local, atópanse xa desesperados, como é lóxico”, comentaba a alcaldesa Nidia Arévalo

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES