viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísUn radar caza a un condutor a 242 km/h en Lugo

Un radar caza a un condutor a 242 km/h en Lugo

Un radar da Garda Civil captou no municipio lucense do Corgo a un turismo que circulaba pola A-6 a 242 quilómetros por hora.

A veclocidade máxima permitida nese tramo é de 120 pero este home foi collido este luns pola mañá en sentido A Coruña dobrando a velocidade máxima.

O condutor do vehículo foi identificado cando transitaba en dirección a Sarria polo quilómetro 4 da CG 2.2.

Resultou ser un home de 39 anos de idade, veciño de Monforte de Lemos, que foi imputado como investigado por un delito contra a seguridade viaria.

As dilixencias quedaron en man do Xulgado de Instrución de Garda de Lugo. Nos dous últimos anos a Garda Civil ha detectado un total de 22 delitos por exceso de velocidade.

A velocidade captada onte polo radar instalado no Corgo é a máis alta nun turismo medida polos equipos do Subsector de Tráfico de Lugo, unicamente superada por unha motocicleta que circulaba a 257 km/k, o pasado mes de febreiro na AG-64 (Vilalba – Ferrol).

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES