Nun prazo de 8 anos o Sergas reta a galegas e galegos a baixar un 15% o nivel de obesidade existente en Galicia. A mellor receita do Plan Obesidade Zero é que os médicos receiten a combinación de exercizo físico e alimentación saudable.

 O Goberno galego promoverá un pacto autonómico no Parlamento para desenvolver o "Plan de Obesidade Zero" e aposta por que os médicos "prescriban exercizo".

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, foi a encargada de presentar este plan no marco dunha xornada en Santiago. "Obesidade Zero" e implica a "toda" a Xuntae apelou á colaboración dos galegos e dos concellos, así como das institucións en xeral.

Durán incidiu en que o 39,2 por cento da poboación galega ten sobrepeso, o que supón uns 850.000 cidadáns adultos, e unha 16,5% obesidade, unhas 360.000 persoas, o que implica "máis do 55% da poboación de Galicia". Ademais, sinalou que unha enquisa realizada entre máis de 47.000 participantes revela que "un 61,6% non realiza exercicio no seu tempo libre" e un 41% da poboación "é sedentaria".

Por iso, o conselleiro de Sanidade en funcións, Xullo García Comesaña, no marco da súa intervención nunha mesa redonda, sinalou que a Xunta promoverá un pacto autonómico no Parlamento de Galicia para desenvolver este 'Plan de Obesidade Zero 2022-2030'.

¿E ti, es de Tweet?