sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísA Feira do Viño do Ribeiro presenta o seu cartel máis emotivo

A Feira do Viño do Ribeiro presenta o seu cartel máis emotivo

O evento célebrase o 28,29 e 30 de abril no recinto da Alameda.

A organización da Feira do Viño do Ribeiro presentou o cartel da edición número 60ª, que terá como data de celebración do evento os días 28, 29 e 30 de abril de 2023, no recinto da Alameda de Ribadavia.

Por mor da celebración do sesenta edición, a organización tivo a ben facer unha mención á edición inaugural a través dunha adaptación do cartel da primeira edición, do ano 1964. 

O cartel está redeseñado por Francisco J. Sánchez Moreno, profesional do deseño gráfico que leva toda unha vida traballando dende Ribadavia e que está moi vencellado e involucrado coa Feira do Viño do Ribeiro dende hai moitos anos. 

En referencia á “actualización” do cartel, o seu autor comenta que “tratou de manter a esencia do cartel orixinal conservando a estrutura e renovando certos detalles pero sen alterar o deseño, mantendo a estética da época.”  

No acto de presentación participaron a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez e o presidente do Consello Regulador da D.O Ribeiro, Juan Casares Gádara.

Nos vindeiros días darase a coñecer a programación de actividades e o listado de adegas e colleiteiros participantes.

Pódese seguir toda a información sobre a Feira do Viño do Ribeiro na web www.feiravinoribeiro.com e nas súas redes sociais

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES