jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasO CondadoEvacuadas persoas en Pontearaes polo desbordamento do Tea

Evacuadas persoas en Pontearaes polo desbordamento do Tea

A situación vaise normalizando ao cesaren as chuvias. As parroquias máis afectadas foron a de Moreira e as inmediacións da praia fluvial da Freixa.

 A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, explica que a situación se vai normalizando co cese das chuvias nas últimas horas.

Garaxes e plantas baixas das vivendas víronse cubertas de auga.

Do mesmo xeito foi preciso cortar dous viais para evitar que os vehículos puidesen quedar inmovilizados.

O nivel do río Tea vai baixando pouco a pouco coa detención das precipitacións nas últimas horas.

Veciñas e veciños da parroquia de Moreira tiveron que subir ao andar superior das súas vivendas ao quedar anegada a planta baixa polo desbordamento do río Tea.

O mesmo aconteceu nas inmediacións da praia fluvial da Freixa, onde o desbordamento do río deixou zonas anegadas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES