viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño estuda a construción do seu primeiro centro residencial de maiores

Porriño estuda a construción do seu primeiro centro residencial de maiores

O proxecto ascende a 1,2 millóns de euros e tería capacidade para 24 usuarios.

O Concello do Porriño proxecta a construción dun centro residencial para maiores con capacidade para 24 usuarios. Un proxecto que foi presentado ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a súa financiación a través dun convenio con cargo a fondos europeos.

“Trátase dun proxecto ambicioso que ascende a 1,2 millóns de euros, pero que supoñerá un salto cualitativo na atención aos nosos maiores”, explicou o rexedor, Alejandro Lorenzo. “Traballamos e seguiremos traballando para conseguir inversións que melloren a calidade de vida da veciñanza do Porriño”.

A residencia localizaríase na parroquia de Budiño, nunha parcela de titularidade municipal situada na marxe do Polígono Industrial SUR PPI-6 de máis de 4.000 metros cadrados.

“O centro residencial que propoñemos evoca a idea dunha gran vivenda na que os inquilinos farían vida familiar, cun porche exterior, un xardín para pasear e un bosque que os separaría do polígono industrial e daría intimidade aos residentes” , apuntou Lorenzo. “Trátase de que se sintan integrados no barrio, como un veciño máis”.

As instalacións, de planta baixa, contarían con doce habitacións dobres dotadas de baño propio, salón de perruquería, multiusos, comedor… Como explicou o rexedor, a zona axardinada será parte importante. Todo o necesario para garantir a confortabilidade dos usuarios e usuarias

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES