O Colegio Lar de Mos foi anfitrión este sábado coa celebración da Wordl Robot Olympiad (WRO) Vigo 2026, unha destacada competición de robótica educativa con proxección internacional, presente acutalmetne en máis de 85 países. Na zona sur de Galicia e Pontevedra, o evento está organizado por Logonautas.
A WEO trátase dunha competición que achega a tecnoloxía e a enxeñaría aos nenos e mozos dunha forma práctica e divertida. A través de distintos retos, os participantes guiados polos seus adestradores, deben deseñar, construír e programar robots capaces de resolver desafíos concretos. O obxectivo é que desenvolvan tanto habilidades técnicas como competencias chave como o pensamento crítico, a creatividade e o traballo en equipo. Ademais, busca fomentar a interese de nenos e mozos nas disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas).
A WRO Vigo 2026 estivo patrocinada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO) e dende o colexio aseguran que “a promoción das vocacións técnicas nas etapas infantís e xuvenís son de vital importancia, xa que será o sementeiro do que xurdirán os enxñeiros do futuro”.
Nesta edición, celebrada nas instalacións do Colegio Lar, participaron un total de 22 equipos, cunha presencia total de 90 participantes entre alumnos e adestradores.
A competición estucturouse en tres categorías, dirixidas a alumnado de entre 6 e 15 anos: Robobasic, RoboMission Elementary e RoboMission Junior. Cada unha delas xirou en torno a diferentes temáticas, que abordaron dende civilizacións e monumentos históricos ata proxectos relacionados con excavacións ou a limpeza urbana.
Dende o Colegio Lar destacan que “o pódio da Categoría RoboMission Elementary, os tres equipos corresponderon a alumnado do centro, así como o segundo premio da categoría RoboMission Junior”.
Durante o evento estiveron presentes o director do Colegio Lar, Rodrigo Salgado Pombo, así como o equipo de Logonautas e a representate do Colexio de Enxeñeiros. Todos eles coincidiron en destacar que “actividades como esta, que combinan aprendizache e diversión, son fundamentais para o desenvolvemento persoal de nenos e mozos”. O premio da categoría Elementary foi entregado polo director do Colegio Lar, Rodrigo Salgado Pombo.
Pola súa parte, o director sublño “o orgullo que supón para o centro acoller unha competición de carácter internacional como a WRO” e reafirmou o compromiso do colexio con este tipo de iniciativas afirmando que “seguiremos apoiando proxectos que impulsen a innovación e a aprendizaxe práctica”.

