O Concello de Baiona vén de presentar a programación BAINADAL 2026-2027, unha proposta de actividades que volverá convertes o municipio nun punto de encontro durante as datas de Nadal.
Trátase dun programa “variado e pensado para todos os públicos” que combina tradición, cultura, música, espectáculos, actividades infantís e novas alternativas de ocio para a xuventude, co obxectivo de que “tanto veciños e veciñas como as persoas visitantes poidan gozar destas datas tan especiais”
A primeira gran data será este xoves, 26 de novembro, ás 19:30 horas, na Praza do Concello co acendido oficial da iluminación de Nadal. A xornada comezará ás 18:00 horas coa animación infantil El Elefante Mágico cos seus domadores, que percorrerá as rúas da vila. A actividade continuará tras o encendido coa actuación de Antonio Barros.
Este ano, os encargados de dar vida ao alumeado serán os nenos e nenas de entre 2 e 3 anos da Escola Infantil A Galiña Azul, que participarán no evento para dar a benvida ao Nadal.
Tren de Nadal
Unha das propostas será o Tren de Nadal, que abrirá as súas portas o 21 de decembro no Parque da Palma e permanecerá en funcionatamento ata o 6 de xaneiro.
Programación infantil
A programación infantil completarase con numerosas propostas, entre as que destacan a recepción de Papá Noel, o Obradoiro de chapas de Nadal, o percorrido de Papá Noel polas parroquias, os espectáculos de Peter Punk e do Mago Teto, a Festa Infantil de Hinchables no pavillón muncipal e os obradoiros creativos de Nadal.
Os máis pequenos tamén poderán gozar as Badaladas de Prefin de ano infantís, que terán lugar o domingo 27 de decembro, con Mickey e Minnie e a actuación musical de Terapia de Grupo Kids.
Baiona Gaming: espazo para o ocio xuvenil
A xuventude tamént erá un espazo na programación coa nova actividade Baiona Gaming, que se celebrará o domingo 13 de decembro durante toda a xornada, en turnos de mañá e tarde.
A proposta incluirá torneos de videoxogos como Mario Kart e Brawl Stars, ademais de sesións guiadas de xogos de mesa. As persoas participantes poderán optar a premios consistentes en cheques de compras.
Tradición, música e cultura
BaiNadal contará tamén cunha ampla oferta cultural e musical. Así, no Multiusos de Sabarís poderá visitarse a exposición de Beléns e Microbeléns dende o 11 de decembro ata o 5 de xaneiro. Ademais, do 19 de decembro ao 7 de xaneiro, estará dispoñible o Espazo Vintage de máquinas recreativas, con propostas como Pacman, pinball, simulador de coches e futbolíns, entre outras; tamén se celebrará o III Torneo de Futbolín de Nadal.
Os días 5 e 6 de decembro a praza do Concello contará cun Mercado Artesanal de Nadal, onde se ofrecerán obradoiros artesanais.
A programación musical completarase con Los del Barro, La Polémica Banda de los Bechuchos, o concerto de Nadal da Escola de Música Son Beat e o espectáculo La Clandestina de Tonichi & Pacheco.
Toda a programación pode consultarse no seguinte cartel:


