HomeNewsActualidadeCCOO e UXT califican o seguemento da folga nun 70% nas primeiras...

CCOO e UXT califican o seguemento da folga nun 70% nas primeiras horas

A folga xeral polo acceso á vivenda e a mellora dos salarios en España, a primeira tras 14 anos, comezou esta madrugada con piquetes informativos e afeccións nos turnos de noite en sectores industriais.

Tanto CCOO como UXT Galicia destacan o “importante seguemento” nas primeiras horas desta folga xeral nos sectores estratéxicos, como o transporte ou a alimentación. Así, cifran nun seguemento do 70% o seguemento na contorna, con fábricas paralizadas na “práctica totalidade coma Navantia Ferrol, GKN Driveline en Vigo ou DS en Vilagarcía”.

Tamén destacan a “salientable participación” da clase traballadora nos portos do Estado ubicados en Galicia, cun seguemento do 60% aproximadamente. O transporte por estrada calificano cun 80% de participación; unha participación que se eleva no caso de Monbús en Lugo, cun seguemento do 100%.

No sector ferroviario, o seguimento tamén o califican en torno ao 70 %; mentres que na recollida de lixo elévase ao 80 %.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS