HomeNewsActualidadeO Porriño conta desde este luns cun reforzo efectivo na conexión por...

O Porriño conta desde este luns cun reforzo efectivo na conexión por autobús con Vigo

O Porriño contará desde este luns, 9 de novembro, cun reforzo efectivo do transporte público. A Xunta de Galicia comunicou oficialmente ao Concello a posta en marcha da nova liña XG883079 Tui–Porriño–Vigo E.I., que incorporará dous servizos diarios, de luns a venres laborables durante o período lectivo da Universidade de Vigo.

Esta nova conexión reforzará a oferta existente e permitirá incrementar a capacidade de transporte nun corredor con elevada demanda, especialmente nas primeiras horas da mañá e nos desprazamentos vinculados á actividade laboral e académica.

O Concello valora “positivamente esta incorporación, que responde ás necesidades de mobilidade trasladadas á Xunta e supón unha mellora concreta para as persoas usuarias sen necesidade de agardar á resolución definitiva dos novos contratos”.

Neste senso, o obxectivo municipal é “seguir avanzando cara a un transporte público máis accesible, con mellores horarios, máis alternativas de desprazamento e conexións adaptadas ás necesidades reais da veciñanza”.

O percorrido terá a súa orixe en Vigo e realizará paradas nos municipios de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas,  antes de finalizar na rúa Ourense, en Tui.

Esta nova conexión permitirá reforzar a oferta actual da liña XG883004 A Guarda-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Vigo E.I. e dar resposta á elevada demanda existente neste corredor, especialmente nas primeiras horas da mañá e ao mediodía. Deste xeito, incrementarase a capacidade dispoñible e melloraranse as posibilidades de desprazamento das persoas usuarias.

As saídas desde a estación intermodal de Vigo realizaranse ás 7:00 e ás 15:30 horas, con paso estimado polo municipio do Porriño nos seguintes horarios:

ParadaMañáTarde
Ponte Galo (avda. de Galicia)7:3516:05
O Porriño (Xulgado)7:3816:08
O Porriño (Instalauto)7:3816:08
O Porriño (A Guía)7:3916:09
A Rocha (Atios)7:4016:10
Empalme de Casal (Budiño)7:4316:13
Empalme O Cerquido7:4816:18

(Os horarios de paso son aproximados e poderán variar en función das condicións do tráfico e do desenvolvemento do servizo)

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS