Salienta que a comunidade ten moito que achegar nos grandes debates internacionais, con accións pioneiras en materia de intelixencia artificial, enerxías renovables ou captación de investimentos
Aposta pola reflexión, o diálogo e o respecto como vías para acadar acordos e avanzar cara a unha conversación construtiva lonxe de retóricas belixerantes
Felicita ao expresidente de Portugal Marcelo Rebelo de Sousa, galardoado co Premio Josep Piqué do Foro, a quen definiu como “un exemplo de político con maiúsculas” e un símbolo do país veciño

