Baiona prepárase para celebrar o venres 25 e o sábado 26 de setembro a tradicional ramaría de San Cosme e San Damián. Coñecida popularmente pola Festa do Mel e as Noces contará como vén sendo habitual con postos de venda adicados a produtos característicos do outono e do campo como o mel, as castañas e as noces, que estarán ubicados na Praza de Santa Liberata.
Ademais, a romaría contará con oficios tradicionais como a cestería e os “zoqueiros”, e cunha ampla gama de produtos derivados do mel e de cosmética natural. Tampouco faltarán os postos de rosquillas, pan, churros, polbo e churrasco. Pola súa parte, na rúa Marqués de Quintanar, diversos postos de artesanía, antigüedades, bisoutería, libros, coiro e manualidades. Por último, para amenizar a romaría, tamén haberá pasarrúas e actuacións de música tradicional.
O propio día de San Cosme e San Damián, o 25 de setembro e festivo local no municipio, ás 11:00 horas terá lugar a tradicional procesión na honra dos santos, que percorrerá as principais rúas da vila. Posteriormente, ás 12:00 horas, celebrarase a Misa Solemne na Igrexa Parroquial Santa María de Baiona.

