Un condutor resultou ferido na mañá deste martes en Gondomar tras chocar frontalmente contra un camión que transportaba madeira.
Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron en torno ás 10:10 horas nas inmediacións da rotonda do cuartel da Garda Civil, onde un coche e un camión impactaron frontalmente.
O propio condutor do vehículo industrial foi quen deu aviso aos servizos de emerxencia, indicando que non había persoas atrapadas, pero que si era necesaria asistencia médica para o ocupante do turismo.
Ata alí desprazáronse os servizos sanitarios do 061, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local, que se encargaron de dirixir o tráfico xa que a vía se atopaba obstaculizada.

