HomeNewsActualidadeFerido o conductor dun vehículo tras impactar frontalmente contra un camión en...

Ferido o conductor dun vehículo tras impactar frontalmente contra un camión en Gondomar

Un condutor resultou ferido na mañá deste martes en Gondomar tras chocar frontalmente contra un camión que transportaba madeira.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron en torno ás 10:10 horas nas inmediacións da rotonda do cuartel da Garda Civil, onde un coche e un camión impactaron frontalmente.

O propio condutor do vehículo industrial foi quen deu aviso aos servizos de emerxencia, indicando que non había persoas atrapadas, pero que si era necesaria asistencia médica para o ocupante do turismo.

Ata alí desprazáronse os servizos sanitarios do 061, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local, que se encargaron de dirixir o tráfico xa que a vía se atopaba obstaculizada.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS