HomeNewsActualidadeMon Fernández, da asociación Rock in Río Tea: “Traer a Miguel Ríos...

Mon Fernández, da asociación Rock in Río Tea: “Traer a Miguel Ríos de novo a Ponteareas é unha ilusión á que non renunciamos”

Durante o venres 10 e sábado 11 de xullo celebrouse en Ponteareas a edición 14 do Rock in Río Tea. Agora, pasados uns días, puidemos falar do seu impacto e o futuro do festival con Mon Fernández, baixista de O Caimán do Río Tea e  Presidente da Asociación Rock in Río Tea, a entidade sen ánimo de lucro que organiza o xa histórico festival.

  • Na edición de este ano con Los Enemigos e con Kiko Veneno, falamos de dúas cabezas de cartel, ¿é a edición do Rock in Río Tea máis laureada?

– Diría que este ano tivemos 3 cabezas de cartel, e incluiría a Rebeliom do Inframundo nesa terna. Pero si, pode que o de este ano fose o cartel máis ambicioso. Esperemos non durmirnos los laureis.

  • Xa que falamos de laureis, e trala homenaxe a Miguel Ríos polo festival e a inauguración da súa pedra no paseo do rock and roll, ¿traer de novo a Miguel Ríos foi unha opción?
  • – Non o negamos. Era unha ilusión. Intentámolo, pero tiña a data ocupada. Seguirá a ser unha ilusión.
  • E sobre a pedra do paseo do rock and roll, sen ánimo de espoiler, ¿Podes darnos algunha pista de a quen se lle vai adicar a próxima?

– Andy e Lucas, para que se reconcilien. Non, é broma. A pedra do paseo do rock and roll sempre trae algunha banda cunha relación especial con Ponteareas. Non escondemos que nos encantaría facer esa homenaxe a “Los Piratas”. Por cercanía, por veciñanza, pola importancia da banda… imaxinas que despois de xuntarse no paseo do rock and roll deciden facer un “last dance”…?

  • Cada ano temos algunha banda que é unha revelación, se podemos dicir que a do ano pasado foi Lucy, ¿cal pensas que este ano deu a sorpresa?

– Na miña persoal e intransferible opinión, sen dúbida Errantes. Coñecíamolos como banda de versións, pero hay moitísimo máis ahí dentro. Penso que tocando os seus propios temas amosaron a súa auténtica identidade. Unha bandaza cun sonido propio, con alma, con duende (como diría Kiko). Merecen un espazo propio no panorama musical galego e espero que o consigan.

  • Na oferta do festivais, a gratuidade non é unha alternativa moi común, ¿é sostible?

– Penso que a gratuidade é un dos ingredientes clave que fai sostible o noso festival. Somos un festival que vai contra a corrente do modelo estándar de hoxe en día. Un festival pequeno pero diferente. Integrado no corazón da nosa Vila, do noso tecido cultural e comercial. O que non sei si é sostible é o enorme número de festivais “clonados” que temos hoxe en día.

  • Agora a maioría dos festivais anuncian a programación case con un ano de antelación, o Rock in Río Tea faino con escasos meses de anticipación, ¿por algunha razón en especial?

– Aquí teño que citar á grandísima Luz Pino, unha das compañeiras que integra a nosa asociación: “Vamos tarde”.  É así, para que o imos negar.

  • Estamos acostumados a escoitar o impacto na economía e o turismo local deste tipo de eventos, ¿cal é o impacto que ten o Rock in Río Tea na contorna?

– Non temos datos, pero si nos chega o feedback dos hostaleiros que coñecemos de que ese impacto existe e é moi grande. Só hai que dar unha volta polos restaurantes de Ponteareas os días do festival para ver que están ata a bandeira, ou darse un paseo o domingo pola mañá para ver a moita xente almorzando que non é de Ponteareas, con camiseta negra patillas e cara de felicidade…

  • E inda que por habitual, non deixa de ser extraordinario, ¿Que significa para o Rock in Río Tea a participación dos alumnos do CDM?

– Ilusión. Esperanza. Ver a cara dos pequenos compartindo o backstage con estrelas do rock and roll, tocando cun equipo de son e luces profesional, nun foro ateigado de xente non ten prezo. Pero creo que o máis importante é o que significa para eles. A marca que lles deixará na súa memoria.

  • Concurso de bandas, Rock na rúa, Rock na Banda…., ¿canta enerxía hai que ter para manter todo isto?

– A enerxía nin se crea nin se destrúe. Xa o di Jorge Drexler nunha canción. “Cada uno da lo que recibe, y luego recibe lo que da. Nada es más simple, no hay otra norma, nada se pierde, todo se transforma.” 

A enerxía que empregamos volve con creces. O reto é máis a nivel colectivo como asociación. Manterse unidos remando na mesma dirección.

  • O rock da nome o festival, máis tamén teñen pasado outros estilos como o punk, a electrónica e o hip hop, ¿haberá música urbana no Rock in Río Tea 2027?

– ¿Por que non? Temos un concepto do rock and roll moi aberto e nada excluínte.

  • E por último, xa que O Caimán do Río Tea formou parte do cartel do venres, ¿Cómo o viviches?

– Os venres do festival sempre temos unha sensación algo angustiosa de conta atrás. Ainda que tras 14 anos melloramos moito a planificación, sempre hai algún posible imprevisto ou preocupación. É curioso, os anos coma este onde ademáis toco co Caimán, non penso na actuación ata 5 minutos antes de empezar. E cando collo o baixo e subo ó escenario, ólvídaseme todo o demáis e xa só toca gozar.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS