Despois da disputa absurda de “fútbol ou rock and roll”, unhas 40.000 persoas deronse cita en Vigo para gozar de Deep Purple, unha das bandas máis icónicas da música mundial.
Terceira vez que os de Hertford, Reino Unido, visitaban terras viguesas, e moito ten que ver o Club de Adictos a Deep Purple nesta cuestión. Tanto ten que ver isto último que o teclista da banda, Don Airey, sorprendeunos tocando un fragmento do himno galego durante o concerto. Momento para a historia de todos os galegos e galegas presentes.
Xusto as 22.00 h, os acordes de “Highway Star” encendia a un público entregado a causa e a súa vestimenta. Pronto decatamos que o son era perfecto, ingrediente fundamental sempre, pero en especial neste tipo de concertos onde os sons das súas cancións en disco os temos moi asimilados.
“Bit on the side” do seu álbum de 2024 titulado =1 foi o segundo tema e aquí xa apareceron os primeiros comentarios sobre a voz de Ian Gillan. Pola miña parte so teño que dicir que con oitenta anos xa non ten o rango vocal que o fixo famoso, lóxico, pero defende con enteireza e forza que lle queda todos os temas. Si a isto sumamos que perdeu cerca do 70% de visión, que máis queremos….que corra a “Vig-Bay?”.
Seguiron con “Hard Lovin´man” canción publicada no ano 1970. Aquí xa estabamos enganchados a guitarra de Simon McBride. Simon, que substituíu a Steve Morse no ano 2022, regalounos unha das noites guitarristas mais fermosas que lembro. Si, que a guitarra estaba un pelín alta, de acordo, pero non importaba xa que desas cordas saíron os mellores momentos da noite.
Quero lembrar o concerto que Simon McBride deu no Forum Celticum , en A Coruña, no ano 2017 e que xa causara moi boas criticas. Era a quenda de “Into The Fire” , tamén do ano 1970, para seguir despois cun tema do disco que ia saír a rúa o día seguinte do concerto, o 3 de xullo. O disco títulase “Splat!” e Castrelos tivo a primicia de escoitar “Arrogant Day”. “Lazy Sod” tamén do disco =1 foi a seguinte canción co vídeo producindose nunha gran pantalla no fondo do escenario.
No camiño desta crónica paramos en Ian Paice quen toca a batería coma se estivera ensaiando e vendo a serie de turno na televisión. Que tranquilidade, que técnica, que forma de golpear e que personalidade máis simple a batería. En varios momentos veúme a cabeza aquela clase maxistral que dera en Vigo, na antiga Sala A, no ano 2010. Como pasa o tempo!!! “lazy” , a canción incluída no álbum Machine Head, foi a continuación do concerto e das primeiras exclamacións tipo: “que bolazo!!!”. E era certo. Seguiron con “When a Blind Man Cries” , cara B do sinxelo Never Before, que posteriormente foi incluído como bónus track na edición aniversario do disco Machine Head.
E voltamos o último disco “Splat!” para gozar do tema “Diablo” e para deleitarnos cun só de teclado de Don Airey longo e ao mesmo tempo intenso. Chámanos a atención o moneco coa figura de Ozzy Osbourne que preside o seus teclados. Sempre pesente.
Seguimos con “Rapture of the Deep” do ano 2005 para despois xurdirnos ao son de batería do bo de Ian Peace. Aclamación total. “Space Trucking”, canción que pecha o disco Machine Head, era a antesala ao estoupido con “Smoke On The Water” tamén do mesmo disco.
Estábamos todos felices, as caras son o espello do alma, e un percorrido visual de 360º constataba esta evidencia. Felices de estar presentes nun dos concertos que lembraremos toda a vida. Polo menos eu.
O baixista Roger Glover agradecíanos con golpes no seu corazón o amor que sentimos por Deep Purple, o mesmo que sentimos nós por el. Un home tamén de 80 anos, que segue sendo un pilar da banda.
Chegan os bises e escoitamos Guinnesis, tema instrumental que foi estreado en vivo en abril de este mesmo ano. Para rematar escoitamos “Hush” , tema incluído no disco debut da banda gravado no ano 1968. Así chamase tamén a revista do Club de Adictos a Deep Purple con sede en Vigo.
E rematamos con “Black Night” tema lanzado como single en xuño de 1970 e que fala da soidade, da confusión e da procura da liberdade. Unha noite de verán inesquecible, un día deses onde a música aferrase a ti dunha maneira espectacular. Cando un decide camiñar e drenar por estes auditorios, por esas salas, por esas explanadas, un atopase con cousas fermosas. Porque para nos ao final o importante e a música. E por iso, alí estábamos.
JULIO MERA.




