HomeNewsActualidadeAndy Burnham é proclamado novo líder do Partido Laborista británico sen oposición

Andy Burnham é proclamado novo líder do Partido Laborista británico sen oposición

O exalcalde de Mánchester assume o control da formación na Cámara dos Comunes cun apoio masivo e avanza a súa intención de revisar o modelo económico para frear o avance da nova dereita

O exalcalde de Mánchester, Andy Burnham, foi proclamado este venres como novo líder do Partido Laborista despois de acadar o respaldo de 379 dos 403 deputados que o partido ten na Cámara dos Comunes. Este abrumador apoio impediu aritmeticamente que ningún rival puidese desafiar a súa candidatura, converténdoo no virtual primeiro ministro do Reino Unido.

Aínda que Burnham non relevará oficialmente ao dimisionario Keir Starmer ata este luns, xa aproveitou o congreso extraordinario celebrado en Londres para lanzar a súa primeira mensaxe política. No seu discurso ante a sede do Congreso de Sindicatos, advertiu de que esta podería ser a “última oportunidade” para evitar que a cidadanía británica se decante pola formación populista e eurófoba Reform UK.

Un plan contra o neoliberalismo

O novo líder laborista asegurou estar preparado e dispoñer dun “plan” para vencer á nova dereita, incidindo en que o partido debe poñer fin ás súas divisións internas para non fracasar. Ademais, avanzo unha revisión profunda do modelo económico imperante nas últimas catro décadas, criticando que o neoliberalismo castigou ás rexións ao centralizar o poder en Londres e provocar a desindustrialización. Unha crítica que apunta tanto aos gobernos conservadores como ás políticas do autodenominado Novo Laborismo de Tony Blair e Gordon Brown, gobernos nos que o propio Burnham participou.

A pesar de prometer medidas como a construción de máis vivendas e a mellora dos servizos públicos e da sanidade, o político non achegou detalles concretos sobre estas iniciativas.

Incerteza co gabinete de goberno

Tras a súa intervención, Burnham reconoció ante os medios de comunicación que aínda non pechou a composición do seu futuro gabinete, a falta de resolver decisións que agarda ultimar moi pronto. Nas últimas semanas, as especulacións apuntan a figuras como Shabana Mahmood e Ed Miliband para ocupar carteras clave como a de Economía.

Para pechar o acto, o novo dirixido tivo tamén un recoñecemento para o seu predecesor, destacando que Keir Starmer logrou conducir ao partido dende a súa peor derrota electoral ata unha das maiores vitorias da súa historia.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS