HomeNewsActualidadeA Praza Maior de Ponteareas vibra hoxe ao ritmo de Los Naipes

A Praza Maior de Ponteareas vibra hoxe ao ritmo de Los Naipes

A banda Los Naipes será esta noite a gran protagonista do ciclo de concertos “aPRAZA os teus plans os MARTES“, unha iniciativa da hostalaría local situada na Praza Maior e que conta co apoio do Concello de Ponteareas. O obxectivo é encher de ritmo as noites dos martes. No caso desta semana, o concerto foi posposto debido á proxección do partido da Copa Mundial.

Los Naipes é unha banda formada por Andrés Cunha, Óscar Avendaño, Toño López e Mauro Comesaña, catro músicos cunha ampla traxectoria, destacando a Avedaño, coñecido pola súa etapa en Siniestro Total; e a Comesaña, tamén vinculado a Zalomon Grass.

O grupo destaca por versionar clásicos de referentes como Johnny Cash, Creedence Clearwater Revival, Tony Joe White ou Neil Young, ademais doutros nomes como Junior Parker, Bobby Darin e Ozark Mountain Daredevils, creando un repertorio vibrante cheo de actitude.

O concerto terá lugar na Praza Maior de Ponteareas ás 21:30 horas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS