HomeNewsActualidadeInvestigado en Gondomar o pai dun menor por permitir conducir ao seu...

Investigado en Gondomar o pai dun menor por permitir conducir ao seu fillo unha motocicleta

A Garda Civil investiga a un varón, pai dun menor, por deixarlle conducir unha motocicleta ao seu fillo de 10 anos. Os feitos ocorreron o pasado 8 de xullo, cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico de O Porriño se atopaba prestando servizo de vixianza na estrada EP-3102, no termo municipal de Gondomar. Os axentes observaron a unha persoa moi nova conducindo unha motocicleta tipo scooter de 125 centímetros cúbicos.

Tras interceptar o vehículo e identificar aos seus ocupantes, os axentes comprobaron que o conductor era un menor de 10 de idade, mentres o seu pai viaxaba de acompañante.

Ante os feitos, compoñentes da Unidade de investigación de Seguridade Vial (UNIS) do Subsector de Pontevedra instruíron as correspondentes dilixencias de investigación ao pai do menor por presunta responsabilidade dos feitos, tras permitir que o menor conduza, sen os permisos pertinentes nin a idade mínima, un vehículo a motor por unha vía aberta á circulación.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS