O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de facer balance dos tres primeiros anos de goberno á fronte da Administración provincial na que “a cooperación cos concellos é un dos principais sinais de identidade” e a través da cal o executivo provincial promoveu “máis de 2.000 obras e mobilizou máis de 600 millóns de euros”.
Nun formato novidoso celebrado no salón de plenos do Pazo provincial diante de rexedores de concellos, cargos institucionais e representantes do tecido civil da provincia, o presidente Luis López conversou cos deputados do goberno sobre os principais fitos conseguidos en cada unha das áreas, entre as que destacaron o apoio a preto de 2.000 entidades veciñais por valor de 15M€, o dato histórico en turismo internacional nas Rías Baixas con máis visitantes estranxeiros que nacionais, a consolidación da provincia do deporte ou o impulso á cultura tanto nas contornas urbanas como rurais.
“En tres anos pasan moitas cousas e todas merecen ser contadas, por iso estreamos este particular formato. Somos o goberno que máis se parece á provincia: preparado, ambicioso, plural, con ideas, presente e proxecto de futuro”, enmarcou o presidente Luis López antes de iniciar a conversa cos 14 deputados do goberno provincial.
A cooperación cos concellos, a bandeira da acción do goberno provincial, encabezada pola deputada e alcaldesa de Marín, María Ramallo, foi o primeiro asunto analizado nun balance que foi resumido na promoción de 2.000 intervencións e máis de 600 millóns de euros mobilizados nos concellos da provincia.
Relacionadas co investimento nos concellos estiveron tamén as charlas cos vicepresidentes Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, responsables da acción da Deputación nas cidades de Vigo e Pontevedra. Na capital da provincia, subliñou o vicepresidente que “o goberno provincial ten comprometidos 37M€ neste mandato”. Pola súa banda, a vicepresidenta Sánchez remarcou a cifra “sen precedentes” de 56Me que a Deputación ten comprometidos en Vigo e a pegada do organismo provincial en proxectos estratéxicos en colaboración co Concello, como a Grada de Gol do Estadio de Balaídos ou a reforma da piscina de Teis;
O impulso ao deporte desde todas as súas perspectivas foi outro dos aspectos destacados. O presidente provincial fixo
balance dun servizo que está a consolidar a provincia como escenario de eventos deportivos a todos os niveis; que entregou 5.000 €, a cifra máis alta da historia, a deportistas de alto nivel; e que revolucionou a colaboración cos clubs a través de iniciativas novidosas como o DepoVAN, para axudar á compra de vehículos.
Jesús Vázquez Almuíña, encargado da área de Turismo, salientou que “por primeira vez os visitantes internacionais superaran en número aos nacionais” asegurando que se trata “da consecuencia do traballo que está a desenvolver a Deputación a través de Turismo Rías Baixas e que consiste principalmente nun novo xeito de promocionar a provincia poñendo o foco no interior e na sustentabilidade, na descentralización e desestacionalización e cun enfoque totalmente disruptivo”.
Pola súa banda, o deputado Javier Touris, encargado da área de Acción Comunitaria, reflexionou co presidente sobre o escenario do impacto destas medidas coas que a Deputación está atendendo a preto de 2.000 asociacións veciñais, asociacións de mulleres rurais ou comunidades de usuarios de augas cun investimento de 15 millóns de euros.
No ámbito da cultura, o presidente da Deputación e o deputado de Cultura, Jorge Cubela, detallaron os principais fitos dun servizo que levou por primeira vez a gala dos Premios Mestre Mateo ao rural, a Lalín.
A mellora da seguridade viaria dos peóns e dos vehículos nos 1.600 quilómetros que compoñen a rede de
estradas provinciasfoi outro dos puntos importantes da asamblea. Luis López e Belén Cachafeiro, responsable da área de Infraestruturas, desglosaron as principais accións do goberno provincial neste eido e que se resume nun investimento de máis de 80M€.
En Emerxencias, área dirixida polo deputado e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacaron a mellora das condicións laborais dos bombeiros e os medios dos parques comarcais para poñer fin ao conflicto laboral que existía anteriormente.
Por outra parte, o deputado responsable de Príncipe Felipe, que celebra o seu cincuenta aniversario, Pablo Castillo,
referiuse ao investimento sen precedentes de 5,5 millóns de euros para a mellora dos equipamentos e a eficiencia enerxética do complexo.
A atención ás confrarías de pescadores e ás cooperativas agrogandeiras centrou a intervención do deputado de Medio Ambiente, Marcos Guisasola, quen se referiu ao logro de ampliar nun 40 % o apoio a estes colectivos e nas facilidades para aliviar a súa delicada situación financeira ao permitirlles empregar as axudas para afrontar gasto corrente, que eran as súas principais necesidades.
Da colaboración cos concellos forma parte o servizo dirixido polo deputado e alcalde de Portas, Ricardo Martínez, quen fixo fincapé na garantía de seguridade tecnolóxica que é a Deputación e no apoio que prestan aos concellos á hora da transformación tecnolóxica, a dixitalización ou a asistencia en materia de seguridade.
A colaboración cos colectivos foi reflexada tamén por Paula Bouzós, dirixente dos servizos de Benestar Social e Igualdade,
que contou cun investimento de 11M€ no reforzo de servizos sociais e na asistencia en programas fundamentais como o Servizo de Axuda no Fogar.
Por último, a Cooperación Transfronteiriza, encabezada por Roberto Carrero, foi outro dos temas dentro da acción da
Deputación, que promove iniciativas culturais, sociais, artísticas e de infraestruturas, como a ponte peonil
entre As Neves e Monçao, a un e outro lado do Miño.

