A parroquia de Cerdeira, no Concello de As Neves, acollerá o vindeiro 18 de xullo unha survivel zombie protagonizada por vampiros. O xogo, que se estrea en primicia en Galicia, está organizado pola empresa Survival Zombie.
A dinámica está baseada na saga de libros “Rojo” do escritor Carlos Sisi, quen tamén é guionista do evento.
Nesta ocasión, a aventura está protagonizada por vampiros o que segundo a organización “farán que o xogo sexa moito máis divertido, xa que non só matan, se non que falan, razonan e someten aos xogadores”.
O xogo de supervivencia terá unha duración de 6 horas e transcorrerá nunha aldea chea de casas abandonadas e probas. A actividade comezará ás 23:00 horas cunha escena inicial protagonizada por actores. O final da aventurá será ás 5:00 horas co desenlace da escena final.


