HomeNewsActualidadeArbo abre as inscricións para a VIII Andaina Popular da Lamprea Seca

Arbo abre as inscricións para a VIII Andaina Popular da Lamprea Seca

O Concello de Arbo informa que xa está aberto o prazo de inscrición para participar na VIII Andaina Popular da Lamprea Seca, que terá lugar o sábado 8 de agosto. A proba realízase con motivo da XXXI Festa da Lamprea Seca, que se celebra no municipio os días 7, 8 e 9 de agosto.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, anima “á todos os veciños e visitantes a que se sumen a esta oitava edición da andaina. Non é só un reto deportivo, é unha forma máxica de percorrer o noso territorio e, posteriormente, desfrutar da nosa Festa da Lamprea Seca. É un orgullo ver como cada ano se consolida esta tradición que une saúde, deporte e o noso legado gastronómico máis auténtico”.

A VIII Andaina Popular da Lamprea Seca ten a saída prevista ás 09:00 horas desde a Carballeira de Turbela. Esta ruta, dunha distancia aproximada de 12 quilómetros e dificultade media-alta, constitúe unha oportunidade para percorrer lugares de gran interese arquitectónico, popular e tradicional, permitindo aos participantes descubrir de primeira man a riqueza patrimonial e a esencia paisaxística do municipio.

A actividade é totalmente gratuíta e, ao finalizar, realizarase un sorteo de agasallos entre todas as persoas participantes. Para formar parte desta experiencia, os interesados poden formalizar a súa inscrición ata o día 6 de agosto enviando un correo electrónico a vicentacerdeira@hotmail.com, tendo en conta que as prazas son limitadas.

O Concello lembra que, ademais da andaina, a Carballeira de Turbela acollerá durante toda a fin de semana a degustación de lamprea seca nas súas variedades tradicionais, acompañada polos viños das adegas de Arbo,

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS