Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra levaron a cabo unha inspección fiscal nun comercio maiorista na localidade de Mos. Os feitos ocorreron o pasado 1 de xuño. O obxectivo da inspección era someter os artigos, ofertados para a venda ao público, a unha análise en materia penal, fiscal e tributaria, co fin de detectar produtos de contrabando, de orixe fraudulento ou inseguros para os consumidores e usuarios.
Ao tempo, tamén se someteu a inspección documental dos requisitos inherentes e de obrigado cumprimento esixidos a este tipo de comercios.
Con todo, intervíronse un total de 720 monecos, 2.918 xogos de bloques, 916 xogos de dados, 36 xogos de cartas, 585 punteiros láser e 933 gafas graduadas.
Polos efectos reseñados ao xerente do establecemento, a Garda Civil informou da comisión das diferentes infraccións que se levarona cabo, e prodeceuse á denuncialo por represión de contrabando, infración da lei de produtos sanitarios, infración na lei de seguridade dos xoguetes, infración á lei sobre seguridade xeral dos produtos e infración do IVA.

