Un home de 81 anos faleceu na noite deste martes despois de sufrir unha caída mentres traballaba no interior dun invernadoiro en Oleiros. O suceso tivo lugar na rúa Cabaleiros, na parroquia de San Pedro de Nós, e mobilizou un amplo dispositivo de emerxencias.
O alerta recibiuse no 112 Galicia arredor das 21:30 horas por parte do 061. Segundo a información facilitada, o home precipitouse desde unha escaleira pero quedou colgado do arnés de seguridade que levaba posto. Esta situación dificultou inicialmente o acceso dos sanitarios, polo que foi necesaria a intervención de equipos de rescate especializados.
A pesar dos esforzos dos profesionais desprazados —entre os que se atopaban efectivos de Emerxencias de Oleiros, gardas civís e policías locais—, non foi posible reanimalo tras ser rescatado.
Investigan as causas do falecemento
A familia da vítima apunta a que a caída puido ser consecuencia dunha morte natural previa. Segundo indicaron os achegados, o home padecía problemas cardíacos e a altura da caída non explicaría a gravidade das consecuencias, polo que non descartan que sufrira un problema de saúde mentres traballaba.

