HomeNewsActualidadeDesmantelan un punto de carreiras ilegais no Concello de Cea

Desmantelan un punto de carreiras ilegais no Concello de Cea

A Garda Civil do subsector do Tráfico de Ourense vén de desmantelar durante o mes de abril un punto onde se realizaban habitualmente “quedadas”, nas que se facían carreiras ilegais nun polígono industrial de Cea.

Os axentes monitorizaron e controlaron a información a través de diversas redes sociais e de servizos de mensaxería telefónica, onde concretaban as citas e as participacións nesas carreiras.

Tras constatar a veracidade da información, o Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT) do subsector de tráfico da Garda Civil de Ourense, mantiveron dispositivos técnicos e discretos sobre a zona de actuación.

Alí, os axentes comprobaron de primeira man o alcance de ditas reunións; onde tanto público como conductores “realizaban diversas conductas perigosas ou temerarias”.

Como resultado do operativo, os axentes investigan a catro persoas por delitos contra a seguridade viaria, que poden chegar a castigarse con ata seis meses de prisión e con multas de doce a vintecatro meses. Así mesmo, formuláronse 43 denuncias administrativas, contra outras tantas persoas participantes nestas reunións. Ao tempo, tamén se investiga un posible delito de desproteción de menores, castigado coa pena de prisión de un a dous anos.

Desde a Agrupación de Tráfico da Garda Civil lembran que “as concentracións ilegais de vehículos e as competicións non autorizadas en vías públicas supoñen unha grave ameaza para a seguridade viaria e a convivencia cidadá“.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS