HomeNewsActualidadeBaiona abre unha nova oficina para dar apoio aos comerciantes

Baiona abre unha nova oficina para dar apoio aos comerciantes

Os comerciantes de Baiona contan cunha nova canle de comunicación xestionada pola Concellería de Comercio. O obxectivo é que todos os empresarios que o desexen, poidan inscribirse nela e poder xestionar dende alí, de forma rápida e sinxela, calqueira problema ou dúbica que lles poida xurdir no seu negocio.

Entre outras cuestións, a nova oficina terá unha canle informativa a través do teléfono 694314178, onde os empresarios poderán unirse para obter información rápida, colaborar en proxectos comúns e acceder ás novidades que afectan ao tecido empresarial local.

Este espazo de traballo pode servir tamén para mellorar as relacións comerciais e o apoio mútuo entre os empresarios e o Concello. Poderase inscribir calqueira negocio da vila interesado en participar, tan só con engadir a numeración á axenda do seu teléfono móbil e enviar unha mensaxe que será validada pola concellería de Comercio.

Segundo destaca o Concello de Baiona, “con esta nova oficina, o Concello pretende facilitar a relación dos comerciantes e a administración pública, e poder facilitar aos que o desexen, información, acceso a subvencións e facilidades para a resolución dos problemas e dúbidas que poidan xurdir no día a día dos empresarios”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS