A praia de Ladeira acolleu esta fin de semana unha multitudinaria xornada gratuíta de iniciación ao paddle surf dirixida a mozos e mozas de entre 12 e 16 anos, organizada polo Concello de Baiona e o Club Galego de Surg; da man de Imua Paddlesurf Aguete.
A actividade reuniu preto de 80 mozos e mozas procedentes non só de Baiona, se non tamén doutros municipios como Vigo, Nigrán, Gondomar, O Porriño, Tomiño, Tui, Salvaterra de Miño ou O Milladoiro.
Debido á gran aceptación da iniciativa e ao número elevado de participantes, a organización dividiu a xornada en dúas quendas, e á súa vez, cada turno en dous grupos de traballo; co obxectivo de ofrecer unha atención máis personalizada e unhas ratios adecuadas de seguridade e ensino.
A xornada comezou ás 10 horas coa recepción de participantes, e ás 11 horas, o primeiro grupo xa estaba na auga. A actividade prolongouse ata as 14:30 horas.
Ademais, a actividade contou coa presenza de Ana María Iglesias, Concelleira de Deportes do Concello de Baiona, e de Joaquin López Goce, Concelleiro de Actividades Marítimas.
Dende o Concello de Baiona aseguran que seguerán “apostando polo fomento do deporte base e a promoción de actividades náuticas vinculadas á contorna natural do municipio”.

