HomeNewsAtopan con vida a Tamara, a veciña de Beade desaparecida desde o...

Atopan con vida a Tamara, a veciña de Beade desaparecida desde o domingo

O achado da muller, que foi descrita como unha persoa vulnerable, desactiva a batida veciñal que estaba organizada para esta mesma tarde en Vigo

Fin á angustia en Vigo. Varias fontes confirmaron este luns que Tamara N. M., a veciña da parroquia de Beade que permanecía desaparecida desde onte pola tarde, foi localizada con vida. Á muller, de 44 anos, perdéraselle a pista ao redor das 16:00 horas do domingo, o que motivou unha intensa mobilización de familiares, veciños e forzas de seguridade.

A alerta saltou despois de que a familia presentase unha denuncia na Comisaría de Vigo e difundise a súa imaxe polas redes sociais, definíndoa como unha persoa vulnerable. A plataforma SOS Desaparecidos tamén colaborou na difusión do caso para tratar de dar co seu paradoiro.

Unha parroquia envorcada na busca

A localización produciuse pouco despois do mediodía deste luns, xusto cando se preparaba unha batida cidadá para reforzar o traballo da Policía Nacional. A asociación veciñal de Beade organizara esta busca colectiva, que ía partir ás 16:00 horas desde a Estrada Porto, baixo o lema “cada persoa suma”.

Finalmente, tras horas de incerteza, a confirmación do seu achado desactivou todos os protocolos de busca. Segundo informaron as fontes consultadas, a muller xa se atopa localizada, poñendo punto final a unha desaparición que mantivo en albas a toda a veciñanza de Beade durante case 24 horas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS