Mércores, Abril 29, 2026
HomeNewsActualidadeBaiona abre o prazo para participar na Escola de Verán 2026

Baiona abre o prazo para participar na Escola de Verán 2026

O Concello de Baiona abre o prazo para presentar a solicitude para participar na escola de verán do municipio. A proposta está pensada para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

Así, aquelas persoas interesadas en inscribirse, poden facelo dende este xoves 30 de abril ata o xoves 14 de maio no Rexistro Xeral do Concello de Baiona, de luns a venres de 9 a 14 horas ou a través da Sede Electrónica.

As bases da convocatoria poden descargarse na páxina web, do tableiro de anuncios ou recoller no Rexistro Xeral do Concello. Ademais, poden solicitarse a través do correo electrónico cim@baiona.gal.

A Escola de Verán está cofinanciada pola Deputación de Pontevedra, no marco da liña dúas do Plan Máis Provincia 2026.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS