O Concello de Salceda de Caselas acolleu esta semana a presentación dos proxectos realizados dentro do PERTE, onde asistiu o subdelegado do goberno, Abel Losada, o presidente do Consorcio do Louro, Alejandro Lorenzo, o xerente do Consorcio, Rufino Rodríguez, as representantes de Ingenia, empresa redactora, así como o equipo de goberno e a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira.
Na reunión, notificouse que o Consorcio de Augas do Louro está a redactar os proxectos construtivos para dotar de saneamento a toda a poboación de Salceda de Caselas, sendo este un dos traballos contemplados dentro do “Proxecto para a mellora da eficiencia e dixitalización do ciclo urbano da auga”, financiado con fondos do PRTR-Next Generation Eu a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
En concreto, a redacción destes proxectos realízase ao amparo da actuación A017 financiada con 226.749,98€ e ten por obxectivo ampliar a cobertura de saneamento aos núcleos de Salceda de Caselas que a día de hoxe non dispoñen dela. Desta forma, búscase ofrecer o mesmo nivel de servizo a todas as persoas do municipio, independientemente do lugar de residencia.
Tal e como asegurou a alcaldesa, Loli Castiñeira, “os proxectos das diferentes parroquias están preparados, e dende o equipo de goberno estamos a traballar na búsqueda de financiación para levalos a cabo”.
Ao tempo, a rexeora asegurou que “seguiremos traballando con Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica, Deputación de Pontevedra, e todas aquelas administracións que levan amosado a súa boa disposición para seguir a financiar os traballos de saneamento en Salceda”.
Durante a reunión, explicouse que faltan por sanear no municipio un total de 612 vivendas, que precisarán dun investimento total de máis de 7.000.000 € para construír os case 34.000 metros de colector pendentes.

