Martes, Abril 21, 2026
HomeNewsActualidadeExeria dá comezo á súa xira en Ponteareas da man de Sés...

Exeria dá comezo á súa xira en Ponteareas da man de Sés e outros artistas locais e nacionais

A banda Exeria celebrará o seu quinto aniversario de vida e o inicio da súa nova xira cun concerto para “o seu público máis fiel”. O evento, terá lugar no JJ Copas, este sábado 25 de abril a partir das 00:00 horas.

Ademais, o grupo non estará só, se non que irán acompañados de grandes músicos e artistas locais e do panorama galego como Sés, Rafa do Caimán do Río Tea, Amorodo, Iris Abril e Lois Porto.

Exería ten, nestes cinco anos de percorrido, máis de 50 concertos ás súas costas e 13 temas publicados. Tal e como eles mesmos o describen “estamos sempre na procura do son propio, recentemente viaxamos a Alacante para traballar co productor Nick Brine”.

A entrada do concerto con colaboracións deste sábado é de balde.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS