Os feitos aconteceron o pasado mércores, cando un equipo da Garda Civil realiza a inspección dun establecemento tipo bazar na localidade do Porriño. O obxectivo era supervisar a legalidade de comercialización de diversos artículos pirotécnicos postos á venda, así como as cantidades permitidas de almacenamento.
Tras a inspección, precíntase e intervense unha cantidade considerable de material pirotécnico da categoría F1, xa que o establecemento non posúe as autorizacións pertinentes para a súa comercialización nin as medidas de seguridade para o almacenamento seguro. Concretamente, a materia atopada alcanza un peso total de 10.632 gramos.
O equipo continúa realizando xestións co fin de averiguar a trazabilidade da materia incautada e posible distribución ilegal.
Así, confeccionase un acta-denuncia ao artículo 196.1 do Reglamento de Artículos pirotécnicos e cartuchería, pola comercialización de materias reglamentadas carecendo da documentación ou autorización requirida.
Ao tempo, tamén se realiza outra acta-denuncia ao artículo 196.3 do mesmo Reglamento, pola omisión ou insuficiencia na adopción ou na eficacia das medidas de seguridade no almacenamento de materias reglamentadas.
Con todo, as mencionadas denuncias poderían ser sancionadas, tal e como informan dende a Garda Civil, cunha multa dende os 601 euros ata os 30.000 euros cada unha delas, además da incautación e destrucción do material capturado.

