Venres, Marzo 27, 2026
HomeNewsActualidadeA Asociación Nosa Terra de Pereiras súmase á formación dixital de Mos

A Asociación Nosa Terra de Pereiras súmase á formación dixital de Mos

O Concello de Mos continúa impulsando a capacitación tecnolóxica da súa veciñanza coa posta en marcha de novas accións formativas dentro do programa “Tu Transformación Digital”.

Un total de 10 persoas da Asociación Nosa Terra de Pereiras participaron esta semana nunha formación desenvolvida nas propias instalacións da entidade, centrada no módulo AF3 de manexo eficiente de certificados dixitais, unha ferramenta clave para realizar trámites administrativos de forma segura a través de internet.

A formación terá continuidade no mes de maio co módulo AF1 de administración electrónica, no que se abordarán as principais webs e portais institucionais, así como as xestións máis habituais e os sistemas de identificación dixital.

A maiores, dentro do programa está prevista no mes de abril unha nova acción formativa na Asociación de Guizán, mentres que en maio regresará á Asociación Nosa Terra de Pereiras para completar o itinerario iniciado.

“Tu Transformación Digital” está financiado con fondos da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), e desenvólvese en colaboración co Ministerio para a Transformación Dixital, Red.es, Adecco e CIP Formación.

Deste xeito, tódalas asociacións que o desexen poden realizar esta formación solicitándoa na Axencia de Colocación de Mos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS