Tui converterase esta fin de semana na capital galega do balonmán ao xogarse na
cidade a Final a 4 na categoría xuvenil feminina e masculina de balonmán.
O Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez será o escenario dos encontros nos que o SAR Rodavigo, o Balonmano Porriño, o Escayolas Miguel Santos BM Cangas e Tecnelsa Asmubal Meaño na categoría feminina, e o Club Cisne Colegio Los Sauces, o Socaire Arquitectos Bueu Atl. Balonmán, o Martínez & De Castro Balonman Tui e o Valinox Novás na masculina buscarán o ascenso de categoría.
As entradas para os encontros están xa á venda en clubber, podendo adquirirse
tamén na fin de semana no despacho de billetes, ao prezo de 7€ a entrada diaria,
e a 10€ para toda a fin de semana.
Horarios e partidos
Sábado 28 de marzo
- 10:30h SAR Rodavigo – Balonmán Porriño (Semifinal 1 feminina
- 12:30h Escayolas Miguel Santos BM Cangas – Tecnelsa Asmubal Meaño (Semifinal 2 feminina)
- 17:00h Club Cisne Colegio Los Sauces – Socaire Arquitectos Bueu Atl. Balonmán (Semifinal 1 masculina)
- 19:00h Martínez & De Castro Balonmán Tui – Valinox Novás (Semifinal 2 masculina)
Domingo 29 de marzo
- 10:30h 3º e 4º posto masculina
- 12:30h 3º e 4º posto feminino
- 16:00h Final feminina
- 18:00h Final masculina

