Venres, Marzo 27, 2026
HomeNewsActualidadeO programa televisivo La Voz Kids busca talentos en Galicia

O programa televisivo La Voz Kids busca talentos en Galicia

O programa televisivo La Voz Kids busca voces solistas ou que canten en agrupacións vocais para a súa nova tempada. En concreto, busca nenos e nenas de entre 7 e 15 anos (cumplidos en 2026) para participar no programa.

O proceso de selección de candidatos levarase a cabo de forma online entre marzo e abril de 2026, a través de materiais audiovisuais que envien os e as aspirantes.

Así, para participar no casting os e as aspirntes deben inscribirse previamente no rexistro oficial a través desta ligazón. Ao tratarse de persoas menores de idade, deben ser os pais ou tutores legais quen inscriban ao participante, e debe contar co consentimento de ambos proxenitores, en caso de existir.

Co fin de axilizar o proceso de inscrición, o programa pon a disposición das familias o contacto de Marta Duque, membro da organización do casting, a través do 676 82 75 95.

Dende o equipo, destacan que se trata dunha oportunidade única para “compartir a alegría de cantar e gozar da convivencia con outros nenos, así como intercambiar experiencias, divertirse e coñecer a grandes artistas nacionais e internacionais”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS