Venres, Marzo 27, 2026
HomeNewsActualidadeUnha bodega de Arbo convida a ser "Enólogo por un día" esta...

Unha bodega de Arbo convida a ser “Enólogo por un día” esta Semana Santa

O Pazo de Almuíña, ubicado no Concello de Arbo, reabrirá esta Semana Santa a súa programación de enoturismo co obxetivo de “reforzar a súa aposta por echegar ao visitante a paisaxe, a cultura do viño e a identidade vitivinícola do Condado do Tea a través de experiencias”.

Así, co inicio da nova tempada, a bodega pon en marcha dúas experiencias pensadas para achegar ao visitante ao territorio, ás súas variedades autóctonas e ao proceso de elaboración do viño.

A primeira proposta, consiste nunha visita guiada polos viñedos do pazo, un percorrido para descubrir a historia vitivinícola da subzona. Ademais, a visita complétase dunha cata comentada de dous viños representativos da bodega.

A segunda experiencia denomínase “Enólogo por un día“, unha proposta que convida a cada participante a elaborar o seu propio viño a partir dunha selección de monovarietais, experimentando coas proporcións e matices ata lograr unha creación personalizada. Ao tempo, as persoas participantes

As propostas poden reservarse a través da súa páxina web.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS