Mércores, Marzo 25, 2026
HomeNewsActualidadeRueda anuncia que a Xunta aprobará un plan anticrise de 150 millóns...

Rueda anuncia que a Xunta aprobará un plan anticrise de 150 millóns de euros

O presidente galego, Alfonso Rueda, vénd e anunciar que o Consello da Xunta aprobará a próxima semana un plan de 150 millóns de euros “para atender os sectores”, especialmente os industriais, máis afectados pola guerra en Irán, así como ao conxunto de cidadáns “para que a xente o pase menos mal”, asegurou.

Na sesión de control ao Goberno autonómico no pleno do Parlamento, este mércores, Rueda incidiu en que o plan incluirá axudas con “circulante e crédito rápido“, con resposta “en dez días”, para as empresas que comercian con países de Oriente Medio, pero tamén haberá “axudas importantes” para o sector marítimo e o transporte e mesmo se adiantará o pago de pensións non contributivas e a renda de inserción de Galicia (Risga), avanzou.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS