Martes, Marzo 24, 2026
HomeNewsActualidadeUn home de 47 anos perde a vida nun incendio na súa...

Un home de 47 anos perde a vida nun incendio na súa vivenda nas Neves

Un home de 47 anos faleceu tras declararse un incendio na súa vivenda esta madrugada no concello pontevedrés de As Neves. Concretamente, os feitos ocorreron na parroquia de Taboexa e foron os veciños os que se decataron do lume e deron o aviso.

Arredor das sete desta mañá, o 112 Galicia recibía o aviso sobre un incendio nunha vivenda situada no lugar do Candón, na parroquia de Taboexa, nas Neves.

Segundo explicou a persoa que deu a alerta, a csaa fumegaba, polo que interpretou que podería levar tempo ardendo co veciño no interior. Á chegada do equipo de emerxencias, confirmouse que o home estaba dentro e sen vida.

De igual xeito, observaron que o incendio estaba confinado, case extinguido. As zonas afectadas da vivenda foron o salón e a cociña, aínda que o fume chegou á totalidade da vivenda.

Ata o lugar desprazáronse membros do GES-Bombeiros de Ponteareas, así como os Bombeiros do Baixo Miño e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén, axentes da Garda Civil.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS