Tui é un dos concellos afectados polas incidencias rexistradas no transporte ferroviario dos contedores de lixo dende a terminal de Guixar en Vigo até o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda.
Neste momentos, tal e como informan dende o concello tudense, “a recollida do lixo na cidade mantense co baleirado dos contedores” pero a situación que se rexistra no transporte de residuos a SOGAMA “podería conlevar algún retraso mentres non se normalice a situación”.
Para garantir o servizo, o Concello de Tui está a trasladar directamente a SOGAMA o lixo recollido nos camións, co conseguinte incremento económico, e, aseguran, “grazas ao esforzo e implicación dos traballadores”.

