O reloxo marcaba ás 7:10 horas deste luns, cando o 112 Galicia recibía un aviso a causa dun incendio ocasionado en Soutelo, parroquia de Salceda de Caselas. En concreto, o alertador indicou que se trataba dunha granxa na zona de O Torreiro.
Dende o 112 Galicia solicitaron a intervencións dos Bombeiros do Porriño, Emerxencias e GES de Mos, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Salceda de Caselas.
Tras controlar o lume, os servizos de emerxencia conseguiron sufocalo, sen que ningunha persoa ou animal fose afectado. Tal e como informaron os bombeiros, o lume provocou que arderan bastantes restos de madeira, resultando tamén afectado un tractor e unha caldeira.

