A Xunta mantén activo o Plan Inungal e proseguen os controis sobre o caudal de todos os ríos de Galicia.
Así, o 112 Galicia vén de informar que tras unha nova revisión dos datos facilitados polos distintos organismos de conca, son 12 os ríos que presentar un maior risco de desbordamento puntual e que se sitúan en nivel laranxa.
Concretamente os ríos sinalados son:
- Na provincia da Coruña: Mero (Cambre), Xubia (San Sadurniño), Mero (Betanzos), Valiñas (Culleredo), Barcés (Abegondo) e Tambre (Oroso e Trazo).
- Na provincia de Pontevedra: Gallo (Cuntis), Lérez (Pontevedra), Miñor (Gondomar) e Maceiras (Cabeiro).
- Na de Ourense: Miño (A Peroxa e Ourense) e Limia (Bande).

