Renfe vén de informar que mantén a suspensión de trens con orixe e destino Vigo para a xornada deste venres, ampliando a maiores a liña entre Ourense, O Carballiño e Santiago, ante o risco de posibles inundacións e desprendementos de terra a causa da borrasca Leonardo.
Deste xeito, os traxectos afectados, en alta velocidade, media e longa distancia, son: Vigo Urzaiz-Santiago, Vigo Guixar-Santiago, Vigo Guixar-Tui, Vigo Guixar-Ourense e Ourense-O Carballiño-Santiago.
Pola súa banda, a empresa Renfe informou que non establecerá un plan de transporte alternativo por estrada. Ao tempo, garante que están habilitados os cambios e anulacións de forma gratuíta.

