Detido un veciño de Salvaterra de Miño a causa dun suposto delito de agresión á súa parella, tras ser denunciado pola mesma.
Segundo informou a Garda Civil, na noite do venres para o sábado foi detido o home, de 39 anos de idade, na localidade de Salvaterra de Miño.
Tal e como relatou a fonte, o venres 30a muller atopábase presentando unha denuncia ante a Garda Civil, acompañada dun parte de lesións, cando a súa parella comezou a enviarlle mensaxes e vídeos nos que aparecía de forma moi alterada, rompendo mobles da vivenda, e incluso orixinando unha pequena fogata.
A Garda Civil desprazouse neses intres ao lugar, procedendo á súa detención. O home, que presentaba lesións leves, foi trasladado ao hospital. Nestes momentos, o detido continúa ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro, á espera do alta para pasar a disposición xudicial.
Outra intervención en Salvaterra de Miño
Este domingo, tivo lugar outra intervención no municipio pontevedrés, nesta ocasión a causa dun auxilio sanitario dunha persoa enferma.
A persoa caira dentro da súa vivenda e non era capaz de levantarse, polo que foi preciso a intervención da Garda Civil, o equipo de Bombeiros de Ponteareas e Urxencias Sanitarias – 061.

